Saturday 04 de May de 2024

O Concello de Carral repartiu 4.329 máscaras entre os seus veciños


Dentro de todas as actuacións acometidas polo Concello de Carral para paliar e intentar frear a expansión da pandemia COVID-19, o goberno local promoveu o reparto de 4.329 máscaras entre os veciños e veciñas do municipio.

Para poder facer este reparto, o Concello contou coa colaboración de:

Xunta de Galicia

1.050 máscaras cirúrxicas

Deputación Provincial da Coruña

920 máscaras cirúrxicas

Abanca

15 máscaras hixiénicas

Fabricación por encargo do propio Concello de Carral

1.480 máscaras hixiénicas

Voluntarias

864 máscaras hixiénicas

Total: 4.329 máscaras (datos a 20/04/20)

As voluntarias foron tres mulleres do municipio ás que o Concello agradece, especialmente, o seu labor de xeito anónimo e desinteresado. Ata o de agora, estas voluntarias fabricaron case 900 máscaras.

Este material de protección foi e está sendo repartido entre os carraleses e carralesas seguindo os criterios establecidos:

· Persoas con alto risco de contaxio (persoas maiores ou con patoloxías, persoas en confinamento, etc.)

· Polos establecementos do Concello abertos ao público (tendas de alimentos, panaderías, ferreterías, taxis…)

· Na Casa do Concello que permanece aberta ao público en horario de mañá de 9 a 14 h, entregaranse persoalmente a todos os veciños que as demanden.